Curso 2013-2014: FAITE SOCIO DA ANPA BRIGANTIUM

10 razóns + para pertencer á nosa ANPA

  • Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos e fillas.
  • Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións destes sexan vistos con maior respecto, polas Administracións
  • Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas.
  • Obter importantes descontos nas nosas actividades extraescolares
  • Descontos en máis de 20 tendas da bisbarra para os nosos socios
  • Voz no consello escolar a través da ANPA
  • Asesoramento escolar
  • Participar en charlas e cursos formativos para pais
  • Organizar actividades conxuntas pais e fillos (Detectives Brigantium ….)

Saída Detectives Brigantium: “En busca da cultura perdida”

Os nosos xa famosos detectives viviron unha nova aventura este sábado día 8 xuño.

Os intrépidos Detectives de 1 E de primaria tiveron que atopar un cofre cheo de moedas de ouro. Coa axuda duns mapas antigos da cidade e uns sobres con adiviñanzas tiveron que percorrer as impresionantes igrexas de Betanzos para finalmente rematar no museo das Mariñas onde fixeron unha viaxe pola historia de Betanzos ata atopar o ansiado cofre de moedas.

E todo isto acompañados por Alfredo Erias (director do museo das Mariñas) que entre pista e pista para atopar o
cofre foi explicando e contando anécdotas dos lugares e pezas máis importantes.

Comedor e Madrugadores: xestionados polo concello

O curso que vén a ANPA Brigantium xa non vai xestionar o servizo de comedor e madrugadores do Vales Villamarín senón que a xestión pasará ás mans do concello de Betanzos. O servizo e horarios actuais non van variar e seguiranse ofrecendo como ata de agora. A pre-inscrición para o comedor e para o madrugadores xa está aberto. Tanto no colexio coma no concello existen unhas follas de pre-inscrición que poderán ser entregadas en calquera dos dous sitios. A inscrición definitiva deberá realizarse durante o mes de agosto, nas dependencias municipais. Os prezos do servizo serán comunicados polo concello de Betanzos.

Resumo do tratado na última Asemblea

Medio centenar de pais participaron na asemblea De inicio do curso escolar que tivo lugar o pasado venres 28 de setembro.

Ademais da aprobación das contas onde se constatou a liquidez positiva das mesmas, faláronse dos seguintes temas:

  • Aclaración das dúbidas xurdidas na anterior asemblea
  • Xestión de Comedor e Mañanceiros, aínda por conta da ANPA, pero en negociacións co Concello de Betanzos para cursos futuros.
  • Aprobación estado de contas
  • Uso axendas escolares
  • Organización das aulas
  • Distribución do profesorado
  • Problemática do transporte escolar
  • Situación das contrapartidas esixidas ao non dispor de aulas prefabricadas
  • Simulacro evacuación 2012-2013
  • Non continuidade da actual Dirección do Colexio cara o curso 2013-2014
  • Calendario escolar. Días non lectivos
  • Situación construción novo colexio de infantil
  • Actividades extraescolares permanentes 2012-2013
  • Actividades puntuais propostas 2012-2013
  • Vantaxe de facerse socio
  • Reorganización da xunta directiva:4 baixas, ningunha entrada.

Convocatoria da CEAPA e a CONFAPA : Folga de nais e pais.

A CEAPA e a CONFAPA (asociación de nais e pais de colexios públicos de España e Galicia respectivamente) convocan á folga ás nais e pais.

 

Actividade Extraescolares: Aínda quedan algunhas prazas libres

Aínda quedan prazas libres nas seguintes actividades :

  • teatro
  • banda de música
  • psicomotricidade
  • tiro con arco
  • baloncesto

Aínda estades a tempo de anotar ós vosos fillos/as. Se estades interesados, falade directamente co monitor na hora da actividade e el vos dirá o que tedes que facer.

¡Anímadevos!”

Durante o verán fixéronse varias obras no colexio

  Durante o verán o concello aproveitou para facer varias obras de mantemento no colexio. Entre outras cousas reparáronse canalizacións e desaugadoiros en varias zonas do colexio para paliar os malos olores que ás veces se xeraban.

  O concello tamén dotou a biblioteca de novos estantes e armarios (ver foto).

 

Entrega carnés de socios/as 2011-2102

Con certo retraso a ANPA procede estes días ao reparto dos carnés entre os seus socios, que lles permitirán acceder aos descontos das tendas colaboradoras ACEBE, ademais de servirlle como acreditación, se fose necesario, para calquera evento ou actividade extraescolar organizada por esta ANPA. Os carnés distribuiranse nun sobre a través dos vosos fillos/as,
Dentro das diversas casuísticas coas que nos atopamos á hora de elaborar os carnés foi que un número considerable de nais/pais fixeron o ingreso como socias/socios da ANPA, pero non cubriron a folla de inscrición. Nalgúns casos puidemos poñernos en contacto con eles pero noutros foinos totalmente imposible, xa que carecemos dos seus datos (teléfono principalmente). Por este motivo haberá socios que no reciban o carné estes días.
Para poder emitir estes carnés necesitamos que os pais, que tendo pagada a cota de socio e non tendo recibido o carné antes do fin de xaneiro, cubrades a folla de inscrición de socio (dispoñible estes días na Secretaría do Colexio e no blog da ANPA) e ben a deixedes na caixa de correos da ANPA ou ben nola enviedes por correo electrónico.

WordPress Themes