Prazo aberto ate o 30 de abril

Pulsar para inscribirse nas IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

IMPORTANTE!!!

 

Debido a un erro informático xurdido no día de hoxe, 29 de abril, non é posible suscribirse ás xornadas a través do link. Podes facelo enviando un correo electrónico ao enderezo betanzosdiversidade@gmail.com, indicando nome e apelidos, teléfono, código postal e enderezo electrónico. Desculpade as molestias ocasionadas.

IV Xornadas de formación e sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

As xornadas serán o venres 29 e o sábado 30 de Maio de 2015.

Ás xornadas poden asistir todas as persoas interesadas no tema (nais, pais, profesores…).   Mediante esta web só débense inscribir persoal non docente.

Consulta a programación completa das Xornadas

 

DESCONTOS PARA OS ASISTENTES EN ALOXAMENTO E APARCADOIRO:

 

Preme aquí para ver as ofertas de aloxamento no Hotel Garelos

Preme aquí para ver as ofertas do Aparcadoiro de Betanzos

 

Concello Betanzos: axudas para a compra de material escolar

Como todo os anos o concello de Betanzos publicou as axudas ás familias para a compra de material escolar. Este ano o concello incrementou a partida asignada pasando de 8.500 a 10.000 €.

Máis información no propio concello.

 

Educación publica a licitación da primeira fase das obras da nova escola de Betanzos por máis de 3,3 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da primeira fase da obra de construción da nova Escola de Educación Infantil (EEI) en Betanzos (A Coruña). A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina a esta licitación 3.373.323,64 euros, importe cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Consellería ten previsto dedicar xa nesta anualidade 1.023.524 euros para iniciar as obras.

  Dende o ANPA seguimos a reclamar que a consellería entregue unha folla de ruta que garanta que o colexio este operativo en setembro do 2014.

Charla sobre a lei Wert

Este sábado ,día 16, o Anpa Carregal e o Anpa Brigantium organizaron unha charla sobre a lei Wert no Liceo de Betanzos. Logo dunha explicación de Maria Rei sobre a lei houbo un animado debate entre os asistentes que case encheron o salón Azul do Liceo.

 

DetecTIVES Brigantium: Un novo espazo de convivencia

A calidade do ensino público é como a estrela polar, que nos marca a boa dirección, sen alcanzala nunca. Nun contexto regresivo como o actual, é fundamental redobrar esforzos por parte de toda a comunidade educativa na consecución do obxectivo que as nosas fillas e fillos se merecen.

Neste sentido son destacables dous aspectos que son, por unha parte a necesaria e inescusable construción do Cole Novo, suxeito a factores alleos á nosa propia comunidade educativa, e por outra parte a implicación, compromiso e participación efectiva e directa das nais e pais na escola, que depende en exclusiva da nosa responsabilidade.

Por iso, desde a ANPA propoñemos a creación dun novo espazo de convivencia para os nenos e nenas mediante a colaboración das nais, pais e docentes.

DetecTIVES Brigantium configura un proxecto a desenvolver a nivel de aula que se concreta na realización de saídas, organizadas polas nais e pais a través da figura dun/dunha detective responsable, a espazos de recoñecido valor cultural, científico ou natural que acompañen o traballado na clase.

Proximamente, DetecTIVES Brigantium botará a andar con dúas saídas piloto en primeiro A de primaria e quinto B de infantil, coa finalidade de facer camiño andando nesta nova canle de participación aberta a todas as nais e pais, que agardamos teña un longo percorrido.

Solta de globos na plaza do Campo : 09 febrero 2013

20130211-091733.jpg

Aprobada moción para que o concello se faga cargo do servizo de comedor do Vales

Dende hai varios anos o ANPA leva solicitando ao concello que se faga cargo do servizo de comedor e madrugadores do Vales Villamarín.  Onte foi aprobada no pleno unha moción presentada por CxB para que o concello se faga cargo do servizo de comedor e madrugadores do Vales. 

Isto non supoñería ningún cambio no funcionamento do servizo. A diferenza está en que será un servizo xestionado polos técnicos do concello que poderán dar unha xestión máis profesional que a que realizamos os pais. O custo do servizo de comedor e madrugadores seguiría sendo sufragados directamente polos pais cuxos fillos utilizan o servizo pero ao ser xestionado polo concello este poderá facer unha mellor xestión e distribución das bolsas e axudas que recibe o comedor. O concello poderá mediante os servizos sociais que dispón facer unha mellor distribución dos recursos tomando en conta as necesidades e situación de cada familia.

En todo caso o ANPA seguirá garantindo o servizo tanto de comedor coma de madrugadores ata que o concello non se faga cargo plenamente do servizo.

Bye Bye Cole novo.

A pesar das reiteradas promesas e compromisos adquiridos pola Consellería de educación da Xunta e mesmo do propio presidente Feijoo, os orzamentos da Xunta para este ano foron totalmente desalentadores para o futuro
do colexio novo.

A cantidade asignada nos orzamentos do 2013 inclúen unha partida para a construción do colexio novo de só 100.000€. Cantidade claramente insuficiente tendo en conta que o custo da obra supera os 3.500.000 €.
Con esta cantidade asignada non veremos o colexio novo no 2013 nin no 2014 e mesmo se pon en dúbida que se faga
realidade
algún día.

Agora durante o mes de xaneiro e febreiro os orzamentos pasan polo trámite do parlamento onde se poderán realizar modificacións ás partidas asignadas.

Dende a ANPA estámonos a reunir con todos os partidos políticos presentes no parlamento Galego para volver expoñer os nosos argumentos e explicar que a situación de masificación que leva sufrindo dende hai varios anos o noso colexio chegou a ser insostible, polo que non se pode volver aprazar a construción do colexio novo e é imprescindible ampliar a cantidade económica asignada nos orzamentos para que se garanta a construción do colexio novo no 2013.

Non esquezamos que foi en febreiro do 2007 cando o pleno municipal acordou expropiar os terreos para o colexio novo e que dende aquela data se foron acumulando atrasos tras atrasos ata  sumar 6 anos.

Dende a ANPA imos facer una campaña de presión para que se modifiquen os orzamentos. Agardamos que nos
apoiedes
e axudedes nas iniciativas que vaiamos propoñendo.

 

 

COLE NOVO XA – NON A
MASIFICACIÓN

Importantes obras no Vales Villamarín durante o nadal

Tal como estaba previsto durante o nadal vaise realizar a reforma integral dos baños do noso colexio. Debido á complexidade e alto custo que supón a reforma total de todos os baños do colexio a obra divídese en dúas fases.

A primeira fase que se realizará durante este nadal consistirá en realizar a reforma completa dos seis baños dun dos bloques do colexio. Os seis baños do outro bloque reformaríanse nunha segunda fase máis adiante. A reforma inclúe substituír todos os sanitarios, chans, portas, azulexos, canalizacións e desaugadoiros quedando uns baños totalmente novos.

A obra da primeira fase, prevista para estas vacacións, non vai a rematar a tempo para reincorporación dos nenos en xaneiro polo que durante un tempo convivirán coa reforma. Molestias que consideramos totalmente asumibles tomando en conta as grandes melloras que se obterán unha vez concluída a obra.

WordPress Themes