AMPLIACIÓN DO PATIO CUBERTO NO AULARIO DE INFANTIL DO VALES VILLAMARÍN

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DO CONCELLO DE BETANZOS
Comprácenos informarvos de que a proposta presentada pola ANPA Brigantium do Vales Villamarín, para a ampliación do patio cuberto no Aulario de Infantil, está incluída no proceso de votación popular dos orzamentos participativos do Concello de Betanzos, polo que resulta necesaria a implicación e participación da nosa comunidade para conseguir que esta iniciativa sexa a elixida. Esta proposta parte da necesidade dun adecuado patio cuberto no edificio do alumnado máis pequeno do colexio, que aínda sendo un centro de recente creación, nace con esa carencia. Confiamos en que entre todas e todos consigamos este obxectivo, no que levamos tempo traballando, xa que esta é unha boa oportunidade para logralo. As persoas empadroadas, maiores de 16 anos, que desexen participar na elección do proxecto poderán depositar o seu voto nunha urna situada nas oficinas do edificio Liceo, do 6 ao 17 de novembro, de luns a venres entre as 09:00 e as 14:00 horas. Sabemos que pode supoñer un esforzo, pero sendo conscientes desta necesidade, animámosvos a que participedes e a que o trasladedes aos vosos familiares e amizades. Como Comunidade Educativa, VOTEMOS PARA MELLORAR O FUTURO D@S NOS@S NEN@S, DEPENDE DE NÓS !!!
 

ORDE DO DÍA ASEMBLEA XERAL 20 OUTUBRO 2017

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria NON TEN QUE MERCAR NINGÚN LIBRO debido a que O CEIP Francisco Vales Villamarín foi seleccionado para participar no Proxecto E-dixgal a partir do próximo curso 2017-2018. Para ampliar información preme no enlace:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/e-dixgal-implantacion-do-libro-dixital-nos-centros-educativos

 

 

 

 

 

 

VI XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Preme aquí para ver o Programa das VI XORNADAS

Se queres matricularte preme aquí: http://anpabrigantium.blogaliza.org/?page_id=1626

NIN REVÁLIDAS NIN LOMCE

nena

A ANPA Brigantium leva defendendo o ensino público de calidade dende a súa creación. Pensamos que a LOMCE e as reválidas seguen o camiño contrario aos intereses educativos das nosas fillas e fillos. Compartimos tódolos puntos recollidos neste manifesto.

 

manifesto

 

Preme aquí para descargar unha folla de sinaturas contra as reválidas

 

 

¿Tes algunha dúbida acerca das actividades extraescolares? CONTACTA!!!

cartel-contacto-oxigeno

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

 

foto-orde-do-dia

Calendario Definitivo Actividades Extraescolares 2016-2017

Calendario-Definitivo-Extraescolares-2016-2017Tal e como se decidiu en Asemblea Extraordinaria O 17 de xuño de 2016, procedeuse á contratación da empresa Oxígeno para a xestión das mesmas. Seguemos a contar cos mesmos monitores e monitoras.

Haberá variación nos horarios xa que a partir deste curso as actividades comezarán ás 16:00 e rematarán ás 18:00 para que tódalas alumnas e alumnos estean cubertos polo seguro do colexio, xa que a partir desa hora habería que contratar un seguro privado. Outro cambio é que as actividades extraescolares do noso colexio estarán dirixidas única e exclusivamente ao alumnado do centro, polo mesmo motivo que o anterior, o seguro non cubre a alumnos doutros colexios.

Preme sobre o cadro para agrandalo.

 

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

ORDEDODIA

Enquisa para a diagnose da convivencia nos centros.

O informe sobre a ‘Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015 2020, educonvives.gal’, é unha folla de ruta que pretende guiar e abordar desde un punto de vista integral no próximo quinquenio a aplicación da normativa publicada neste eido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Búscase garantir un bo clima nas aulas, conscientes de que se trata dun factor imprescindible para a mellora da calidade educativa, para garantir o éxito escolar e para facilitar o labor docente. O obxectivo desta estratexia é, polo tanto, fornecer o profesorado, nais, pais e equipos directivos – fundamentalmente- dunha serie de recursos que lles permitan abundar na mellora da convivencia escolar e desde a óptica integral e inclusiva. Nesta liña búscase facilitar orientacións para actuar con rapidez diante de eventuais situacións problemáticas para a convivencia, así como a súa prevención a través de formación en materia de saúde, identidade de xénero, identidade dixital -uso de redes sociais, etc -, ou loita contra o racismo e a xenofobia.

A nova iniciativa centra a atención na formación e coordinación de todos os axentes implicados – profesorado, familias, docentes, alumnado, outras institucións…- e na difusión de boas prácticas e casos de éxito para a mellora do clima de aula en Galicia.

Así mesmo, establece a diagnose da situación de convivencia a través dunha enquisa específica, que se irá actualizando co establecemento dunha recollida de datos rutinaria; así como a creación dun fondo documental especializado neste eido e de modelos normalizados que permitan axilizar a tramitación das posibles situacións de conflito.

Este documento será o primeiro que avalíe o Consello para a Convivencia Escolar de Galicia que, tras a súa creación ao abeiro do decreto polo que se desenvolve Lei de convivencia e participación da comunidade educativa, se constituirá nas próximas semanas. Neste sentido a Estratexia prevé potenciar o papel vertebrador deste órgano de carácter consultivo e de apoio a toda a comunidade educativa no que se refire a esta materia, en especial, no que atinxe á colaboración con outras administracións implicadas na tarefa de mellorar o clima das aulas. De feito, entre outras entidades e expertos, estarán representadas neste consello as consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar e Cultura e Educación.

Próximamente as familias recibiremos un enlace e unha clave para realizar unha breve enquisa online. Esta clave escóllese de xeito aleatorio co cal o anonimato estará garantido. Comunícannos dende o centro que de non ter acceso á rede dende casa, poñerán a disposición das familias un ordenador no centro.

WordPress Themes