LIBROS DE TEXTO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Como ANPA reivindicamos en moitas ocasións a necesaria implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto, reclamando á Consellería de Educación que dote ao alumnado galego de centros públicos de ensino dos libros necesarios para desenvolver a etapa obrigatoria.

Non obstante, a aplicación da LOMCE deixa obsoletos os manuais de 3º de primaria e a deficiente xestión da Consellería, coa creación do actual banco de libros chamado de “gratuidade solidaria”, implica que moitas familias teñan dificultades para conseguir algúns libros deste nivel.

O equipo directivo do noso cole ten falado coas editoriais en varias ocasións desde xuño e seguen a dicir que os libros van chegar ás librarías, pero non saben especificar cando.

Polo tanto, dende a ANPA Brigantium decidimos pedir ás familias que teñan libros de 3º de primaria, e non os necesiten, a súa doazón para o alumnado que o precise.

O lugar de entrega destes libros será na Secretaría do colexio.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

WordPress Themes