AMPLIACIÓN DO PATIO CUBERTO NO AULARIO DE INFANTIL DO VALES VILLAMARÍN

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS DO CONCELLO DE BETANZOS
Comprácenos informarvos de que a proposta presentada pola ANPA Brigantium do Vales Villamarín, para a ampliación do patio cuberto no Aulario de Infantil, está incluída no proceso de votación popular dos orzamentos participativos do Concello de Betanzos, polo que resulta necesaria a implicación e participación da nosa comunidade para conseguir que esta iniciativa sexa a elixida. Esta proposta parte da necesidade dun adecuado patio cuberto no edificio do alumnado máis pequeno do colexio, que aínda sendo un centro de recente creación, nace con esa carencia. Confiamos en que entre todas e todos consigamos este obxectivo, no que levamos tempo traballando, xa que esta é unha boa oportunidade para logralo. As persoas empadroadas, maiores de 16 anos, que desexen participar na elección do proxecto poderán depositar o seu voto nunha urna situada nas oficinas do edificio Liceo, do 6 ao 17 de novembro, de luns a venres entre as 09:00 e as 14:00 horas. Sabemos que pode supoñer un esforzo, pero sendo conscientes desta necesidade, animámosvos a que participedes e a que o trasladedes aos vosos familiares e amizades. Como Comunidade Educativa, VOTEMOS PARA MELLORAR O FUTURO D@S NOS@S NEN@S, DEPENDE DE NÓS !!!
 

WordPress Themes