Xornada atención á diversidade

VI Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

As xornadas serán o venres 2 e o sábado 3 de xuño de 2017.

Ás xornadas poden asistir todas as persoas interesadas no tema (nais, pais, profesorado…).   Mediante este blog só se debe inscribir persoal non docente.

 

Preme aquí para ver o Programa das VI XORNADAS

 

TEMÁTICA:

Educar é proporcionar unha formación integral e plena que axude aos nenos e nenas a configurar a súa identidade, así como a construír unha concepción da realidade que integre á vez o coñecemento e a valoración ética e moral da mesma.

Educar en igualdade implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e con respecto cara ás e aos demais.

A coeducación é, xa que logo, un estilo educativo en si mesmo, un proceso de transformación social que apunta a unha convivencia entre os sexos afastada da opresión mutua e tendente a unha relación de xustiza e respecto, en interese dunha formación integral e unha efectiva igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Na escola e na familia, en tanto que  formadoras de actitudes de nenos e nenas, están os alicerces para a superación dos prexuízos sexistas e para a provocación dun cambio en profundidade das estruturas e prácticas sociais non desexables. A escola e a familia deben pois contribuír aos procesos de socialización do alumnado evitando estereotipos sexistas.    EDUCACIÓN EN IGUALDADE e COEDUCACIÓN serán os eixes das VI Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade, que celebraremos o VENRES 2 e o SÁBADO 3 de xuño, nun novo encontro entre docentes, familias e institucións, e no que, ao igual que en anteriores anos, contaremos con profesionais, asociacións e entidades que traballan a prol da DIVERSIDADE, e con actividades paralelas de carácter lúdico-cultural.

DIRIXIDO A:

Docentes, nais e pais e persoas interesadas, en xeral.
Prazo inscrición ate o 25 de maio por orde de inscrición. 

Para calquera consulta contáctanos a través deste enderezo electrónico: betanzosdiversidade@gmail.com

 

 

WordPress Themes