Actividade Extraescolar

CALENDARIO PROVISIONAL DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2017-2018

Preme sobre o cadro para abrilo por completo

O prazo de inscrición será do 11 ao 19 de setembro, ambos inclusive. (é moi importante, respectar o período de matriculación).

• Únicamente levaranse a cabo aquelas actividades ofertadas que teñan un número mínimo de alumnos/as.

• A organización establecerá un número máximo de asistentes por actividade, por rigurosa orde de inscrición.

• O calendario actual pode estar suxeito a modificacións en base a o número de alumnos/as matriculados. O calendario definitivo estará exposto nas portas do CEIP Fco. Vales Villamarín a finais de setembro e tamén neste blog.

• A organización resérvase o dereito de modificar e/ou anular as actividades. As modificacións e/ou anulacións serán comunicadas.

• O prezo por actividade é de 100€/curso, para os/as socios/as da ANPA (agás Patinaxe Perfeccionamento: 90€), e de 125€/curso para os/as non socios/as (agás Patinaxe Perfecc. 115€). O pago poderá realizarse de forma fraccionada en dous prazos (50€ soci@s/65€, 1º quincena de Outubro, e 50€ soci@s/60€, 1º quincena de Xaneiro. Patinaxe de perfecc. 45€ soci@s/60€ e 2º prazo, 45€ soci@s/55€). Na folla de inscrición figuran as instruccións para o realizar o pago.

A folla de inscrición será depositada na secretaría do cole en canto de comezo o curso escolar. Tamén podes descargala aquí:

Preme aquí para descargar a folla de inscrición

cartel-contacto-oxigeno

 

 

Normas básicas dirixidas á mellora das Actividades Extraescolares

 Ningunha persoa allea ás actividades poderá permanecer nas instalacións durante o transcurso das mesmas.
 Os pais dos nenos que non poidan quedar sos, deberán asegurarse da presenza do monitor antes de deixalos na actividade.
 A puntualidade á hora de deixar e recoller os nenos/as nas actividades é moi importante
 Calquera incidencia debe poñerse en coñecemento do monitor da actividade ou de calquera membro da xunta directiva da ANPA Brigantium.
 Ás nais/pais poderán dirixirse á xunta directiva da ANPA da seguinte maneira:
 Persoalmente a calquera dos directivos
 A través da caixa de correos situada na porta principal do colexio
 A través do e-mail: anpabrigantium@gmail.com

 

 

 

RESULTADO DAS ENQUISAS DE SATISFACCIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2014-2015

EXTRAESCOLAR PUNTUACION

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Teranse en conta estas propostas de cara á elaboración do calendario para o vindeiro curso 2015-2016.

Concluímos que a valoración global é satisfactoria agás a obtida na limpeza dalgunha das instalacións. Seguimos a traballar para que isto non siga a ser un problema.

No caso da información sobre os avances dos vosos fillos e fillas nas actividades, recomendamos que preguntedes aos monitores cando precisedes, eles estarán encantados de resolver as vosas dúbidas.

Queremos agradecervos a todas e todos a vosa colaboración, a vosa axuda resulta imprescindible para poder mellorar.

 

EXTRAESCOLARES 2014-2015

Tal e como se aprobou en Asemblea Extraordinaria celebrada o día 28 de marzo, o Clube Santo Domingo será o encargado de levar a xestión das actividades extraescolares para o vindeiro curso.
As actividades comezan en Outubro e rematarán a finais de Maio.

Calendario actividades 2014-2015 definitivo

O Prazo para matricularse nas actividades organizadas para este curso 2014-2015 vai dende o día 10 ao 19 de setembro. O calendario definitivo estará exposto na porta do colexio a fináis do mes de setembro.

O prezo por actividade é de  100€/curso, para os socios da ANPA, e de  125 € para os non socios (prezos aprobados na asemblea de socios).
O pago poderá realizarse de forma fraccionada en dous prazos (1º quincena de Outubro e 1º quincena de Xaneiro). Calquera cambio será comunicado con antelación.

 

 

WordPress Themes