Folla de Sinaturas “Cole Independente”

AULARIO NON, COLE INDEPENDENTE

Dende a ANPA estamos a impulsar unha recollida de sinaturas para que se recoñeza de forma oficial o Colexio Novo de Infantil. Para facilitar que toda a cidadania poida colaborar achegámosvos a folla no seguinte enlace.

SINATURAS COLE INDEPENDENTE

Prazo aberto ate o 30 de abril

Pulsar para inscribirse nas IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

IMPORTANTE!!!

 

Debido a un erro informático xurdido no día de hoxe, 29 de abril, non é posible suscribirse ás xornadas a través do link. Podes facelo enviando un correo electrónico ao enderezo betanzosdiversidade@gmail.com, indicando nome e apelidos, teléfono, código postal e enderezo electrónico. Desculpade as molestias ocasionadas.

IV Xornadas de formación e sensibilización sobre a Atención á Diversidade.

As xornadas serán o venres 29 e o sábado 30 de Maio de 2015.

Ás xornadas poden asistir todas as persoas interesadas no tema (nais, pais, profesores…).   Mediante esta web só débense inscribir persoal non docente.

Consulta a programación completa das Xornadas

 

DESCONTOS PARA OS ASISTENTES EN ALOXAMENTO E APARCADOIRO:

 

Preme aquí para ver as ofertas de aloxamento no Hotel Garelos

Preme aquí para ver as ofertas do Aparcadoiro de Betanzos

 

O Concello de Betanzos abre o prazo de solicitude de admisión do servicio publico de comedor para os alumnos de 4º de Infantil.

Adxuntamos a circular informativa do concello.

CIRCULAR COMEDOR

COMUNICADO DE PRENSA REMITIDO POLA ANPA OS MEDIOS ESCRITOS

COMUNICADO DE PRENSA

Diante do anuncio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia da inminente apertura dun novo acceso na parte traseira ao Centro de Educación Infantil, expoñemos:

A construción do edificio do aulario cunha única porta de acceso desde a Avenida Fraga Iribarne, provoca unha situación inasumible de potencial perigo na integridade das persoas no contexto dunha vía de elevada densidade de tráfico.

A Consellería de Educación mostra sensibilidade e actitude resolutiva para a solución desta grave situación de inseguridade viaria e anuncia a apertura inminente dun novo acceso pola parte traseira do Centro, que implica unha actuación que supón unha achega relevante na mellora da seguridade vial no entorno da zona escolar.

En consecuencia mostramos a nosa satisfacción pola actitude de diálogo e receptividade da Consellería de Educación e particularmente do Departamento Territorial de Educación de A Coruña neste tema, que constitúe unha mostra do beneficioso que resulta avanzar no marco de colaboración da comunidade escolar coa administración educativa.

A apertura do novo acceso ao Centro de Educación Infantil representa a primeira actuación na resolución das cuestións que a comunidade educativa de Betanzos ten trasladado á Consellería de Educación, e das que esta é efectivamente coñecedora:

-Situación de perigo provocada polos bancos de pedra instalados no patio que responden a un deseño inadecuado para a zona de xogos, ao ser unhas estruturas de granito con presencia de arestas puntiagudas e bordes cortantes. Polo que compre a súa modificación eliminando os elementos perigosos ou directamente realizando a súa retirada.

-O sistema de drenaxe do patio non funciona axeitadamente o que o converte nun espazo que non é apto para o uso con chuvia nin os días posteriores nos que o encharcamento persiste.

-A carencia de patio cuberto, aspecto sobre o que  a comunidade escolar chamou a atención cando o centro de infantil estaba en fase de proxecto sen resposta favorable da administración educativa, e que actualmente conleva unha intensa limitación no aproveitamento do recinto escolar para a organización racional e pedagoxicamente proveitosa dos recreos principalmente.

-A conexión á rede de telecomunicacións redúcese a un teléfono móbil e á precaria conexión á internet que este permite, de forma que se agota a capacidade de intercambio de datos unicamente coa propia actividade administrativa.

A inexistencia no centro de infantil  de conexión á rede de telefonía cunha liña de alta velocidade, impide o aproveitamento na aula do equipamento das tecnoloxías da información do que dispón o centro. Dado que a falta de previsión na dotación desta infraestrutura básica, supón a realización de obra civil que leva aparellada un proceso con prazos longos, é necesario iniciar urxentemente as xestións pertinentes.

-O Colexio de Educación Infantil e Primaria  Francisco Vales Villamarín de Betanzos, agora con dous edificios e polo tanto co problema de espazo solucionado, segue a ter a dubidosa honra de ser dos maiores centros educativos públicos de Galicia. Así, as dificultades organizacionais persisten e mesmo nalgúns aspectos se teñen incrementado.

A posición unánime do conxunto de sectores da comunidade educativa, e co respaldo cidadá de Betanzos e a súa contorna a prol do recoñecemento oficial do Colexio Novo de Infantil, segue sen ter resposta por parte da Consellería de Educación.

Instamos á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a iniciar os trámites para superar o modelo de aulario coa creación para o curso 2015/2016 da Escola de Educación Infantil adscrita ao CEIP Francisco Vales Villamarín.

Mostramos polo tanto a satisfacción da ANPA Brigantium ante a achega da Consellería de Educación para a resolución dos problemas de seguridade viaria vinculados ao novo centro de infantil, e destacamos a nosa percepción de que con vontade por parte da administración educativa e no contexto do uso socialmente eficiente que defendemos do orzamento público no ensino, o resto de cuestións que a modo de prioridades define a comunidade educativa betanceira son tamén factibles de abordar satisfactoriamente.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Atentamente:

Amaya García, presidenta da ANPA Brigantium do CEIP Francisco Villamarín de Betanzos.

FELICES FESTAS!!!

felicitación 2015

APRENDER PARA EDUCAR

APRENDER A EDUCARPreme aquí para consultar a programación

Orde do día da Asemblea Ordinaria do 26 de setembro.

orde do día setembro 2014 imaxe

CONVOCATORIA 2014

XVIII Certamen Fertiberia de pintura rural infantil

fertiberia001fertiberia bases002Podes deixar o debuxo do/a neno/a na secretaría do colexio ate o día 20 de outubro, onde teñen á túa disposición pegatinas para identificar ao autor.

Caneiros 1

WordPress Themes